COVID-19. NOVAS RESTRICIÓNS
14-01-2021
O venres venres 15 de xaneiro de 2020, entran en vigor as novas medidas de prevención da COVID-19 adoptadas pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. O Concello de Fisterra estará no Nivel Medio-Alto coas seguintes restricións:
- Toque de queda: das 22:00 ás 06:00h.
- Reunións: máximo 4 persoas
- Non deberán reunirse non conviventes a partir das 18:00 h nos domicilios.
- Peche da hostalería: 18:00 h. Aforo 30% no interior e 50% na terraza. Entrega a domicilio sen límite
- Centros recreativos turísticos ao 50%
- Deporte non federado: máx. 4 persoas, 50% aforo en interior
- No comercio aforo de 50% e nos centros comerciais prohibido permanecer en zonas comúns. Peche ás 21:30 h
- Cines, teatros e auditorios: 250 persoas interior e 500 exterior
- Só un acompañante nos hospitais
Permítese a mobilidade, ainda que non se recomenda salvo necesidade para:
- Ir ao médico
- Colexio
- Traballo (telemático se é posible)
- Coidado de menores e maiores
- Compra do indispensable
Máis información en: