COVID-19. RESTRICIÓNS NIVEL MÁXIMO
26-01-2021
As novas restricións en toda Galicia para a prevención da covid-19, entrarán en vigor ás 00:00h do mércores 27 de xaneiro e e se manterán, polo menos, ata o 17 de febreiro. Toda Galicia estará no nivel máximo de restricións:
- Mobilidade: Só se permite desprazamentos dentro do propio concello agás causa xustificada para ir ao traballo, a un centro sanitario ou docente e coidado de maiores e menores.
- Reunións: só entre conviventes, agás nas actividades xustificadas como as laborais ou coidado de persoas.
- Toque de queda: de 22:00 a 6:00h
- Actividades esenciais permitidas (con condicionantes)
- Sanidade
- Educación
- Coidado de maiores e menores
- TraballoComercio
Condicionantes:
- Seguen interrompidas as visitas aos enfermos nos hospitais, agás nos casos en que o precisen por razóns de dependencia ou coidado de menores.
- As universidades non reanudarán as clases ata o día 8 de febreiro e de 8 a 17 de febreiro serán en liña.
- Seguirá funcionando o comercio esencial: supermercados, farmacias, talleres de vehículos, etc. e estará aberto ata ás 21:30h
- Comercio non esencial: aberto ata as 18:00 h
- Centros comerciais: pechados a fin de semana
- Peche da hostalería, agás recollida, servizo a domicilio e comedores laborais.
- Só se permite o deporte individual ao aire libre, no propio concello e con máscara. Suspéndese toda a actividade deportiva(agás as competicións de ámbito nacional ou internacional), con peche de ximnasios.
- Suspéndese toda a actividade cultural (museos, bibliotecas,cines, espectáculos)
Recoméndase autoconfinarse e saír da casa só para cuestións esenciais.
As medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia pódense consultar en: