ENTROIDO FISTERRA 2021
28-01-2021
A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra convoca as Bases do concurso de Entroido nun formato diferente ao tradicional por mor da situación que vivimos pola Covid-19.
Este concurso vai destinado únicamente para as persoas dentro dun só núcleo familiar.
- Individuais. Tanto adultos como infantís.
- Parellas. (Só núcleo familiar). Adultos, infantís ou mixtos sempre e cando sexan persoas conviventes e a temática do seu disfraz estea relacionada.
- Comparsa familiar. (Só núcleo familiar). Adultos, infantís ou mixtos sempre e cando sexan persoas conviventes e a temática do seu disfraz estea relacionada. Mínimo tres persoas.
MODALIDADES
- Vídeo: máximo 30 segundos.
- Fotografías: só serán válidas en formato JPG ou PNG. No video pódese realizar unha pequeña parodia, canción, baile aínda que non é obrigatorio
PRAZO PRESENTACIÓN E INSCRICIÓN
A inscrición será do 1 ao 14 de febreiro, descargando as bases (Anexo I) nesta mesma páxina web, asinar onde aceptarán a protección de datos e autorización para dar o consentimiento do dereito ás imaxes e videos nas redes sociais e web do Concello de Fisterra.
Xunto coa sinatura da solicitude de inscrición enviarase a fotografía ou o vídeo:
- Por whatsApp ao teléfono 699.26.39.64
- Por correo electrónico: cultura@concellofisterra.gal
A solicitude deberá vir acompañada dos seguintes datos:
- Nome e apelidos de cada participante
- Nome do disfraz
- Teléfono de contacto
A participación está aberta a todas as persoas e idades, SEMPRE DENTRO DO MESMO NÚCLEO FAMILIAR (PERSOAS CONVIVENTES), e é obrigatorio o uso de mascarilla.
Só se poderá participar nunha modalidade e categoría.