DÍA DE ROSALÍA
23-02-2021
O día 24 de febreiro conmemoramos o nacemento de Rosalía de Castro e cada ano desde o Departamento de Cultura e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Fisterra, sumámonos aos actos para celebrar o seu nacemento un día como hoxe alá polo 1837; axiña se convertiría nunha das figuras máis salientables da cultura galega, poeta e novelista.
O seu legado perdurou ao longo da historia e das xeracións.
O seu pensamento transformador como muller e o seu compromiso coa lingua fan dela unha persoa única.
Hoxe, 24 de febreiro de 2021, precisamos rememorar os seus cantares para contaxiarnos da súa forza.
Cultura da Deputación da Coruña