Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


SEMANA DAS LETRAS GALEGAS EN FISTERRA

12-05-2009

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o Concello de Fisterra ten programados os seguintes actos que se van a celebrar durante a semana do 11 ao 17 de maio de 2009:

-Luns, 11 de maio: Concurso de redacción en galego ás 17:30h. na biblioteca municipal. Haberá dúas categorías de 6 a 8 anos e de 9 a 11 anos.

-Martes, 12 de maio: Obradoiro de letras destinado a nenos e nenas de primaria ás 17:30h. na biblioteca municipal.

-Mércores, 13 de maio:Concurso de poesía en galego ás 17:30 na biblioteca municipal para nenos e nenas de 6 a 8 anos(1º categoría) e de 9 a 11 anos (2º categoría).

-Xoves, 14 de maio: Obradoiro de letras destinado a nenos e nenas de primaria ás 17:30h. na biblioteca municipal.

-Venres, 15 de maio: Taller de "Coñecemento dos símbolos da nosa terra: a bandeira galega, o escudo e o himno de Galicia". Destinado aos máis pequenos de 17:30h. a 19:30h. no salón de plenos.

-Sábado, 16 de maio: Ti e máis eu teatro:" O cadro do espantallo". Ás 19:30h. na Casa da Cultura de Sardiñeiro para todas as idades.

-Domingo, 17 de maio: Claúsura da Exposición vida e obra de Ramón Piñeiro no Faro de Fisterra ás 19:00h.

Do 5 a o 31 de maio, no faro de Fisterra póderase ver a exposición de Iria Araújo titulada: "ASIGNACIÓN"
Compartir:

Novas por anos: