AXUDAS AO SECTOR DA HOSTALERÍA E OUTRAS ACTIVIDADES PECHADAS
24-02-2021
A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia establece as bases reguladoras do Programa I Hostalaría, de apoio ao sector da hostalaría (TR500C), e do Programa II Outras actividades pechadas (TR500D)
Obxecto e beneficiarios:
Programa I.- Persoas autónomas, microempresas e PEMES do sector da hostalaría afectadas polo peche do establecemento en virtude dalgunha da normativa ditada pola Xunta de Galicia.
Programa II.- Persoas autónomas, microempresas e PEMES que desenvolvan unha actividade económica que se vexa afectada polo peche conforme a normativa ditada polas autoridades sanitarias de Galicia e que non pertenzan ao sector da hostalaría do Programa I.
Prazo de solicitudes:
Dende o 24 de febreiro de 2021 ata o 23 de marzo de 2021, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), procedementos TR500C e TR500D.
DOG nº 36 do martes, 23 de febreiro de 2021