NOVAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE AO COVID-19
26-02-2021
A Consellería de Sanidade publicou as novas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.
Resumo das medidas:
- Toque de queda: de 22:00 a 6:00h
- Mobilidade: permítese a mobilidade entre os concellos da Área Sanitaria da Coruña-Cee coa mesma situación epidemiolóxica: Aranga, Arteixo, Cambre, Carballo, Carral, A Coruña, Culleredo, A Laracha, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Paderne, Sada, Vilasantar, Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laxe, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilarmaior, Vimianzo, Zas.
- Reunións: máximo de 4 persoas, agás que se trate de persoas conviventes.
- Hostalaría: Só terrazas. 50% de aforo ata ás 18:00 h. Servizos de recollida no local e consumo a domicilio( ata as 21.30h), ou ben servizo de entrega a domicilio (ata as 24.00h)
- Actividade deportiva:
- Actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de 4 persoas de forma simultánea, sexan ou non conviventes, sen contar, de ser o caso, o monitor.
- Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata 4 persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o 30% da capacidade máxima permitida.
- Velorios e enterros: máximo 5 persoas por túmulo, agás conviventes, e 15 persoas no exterior. Enterramento ou despedida para a cremación: 15 persoas non conviventes.
- Lugares de culto: non poderá superar 1/3 da súa capacidade e deberase garantir, en todo caso, o mantemento da distancia de seguridade de 1,5 metros entre as persoas asistentes.
- Establecementos e locais comerciais: 50% da súa capacidade e pecharán ás 21:30h
- Mercados e feiras: Non poderán superar o 50% dos postos habituais ou autorizados.
- Apertura dos centros comerciais as fins de semana e festivos: A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 30 %.
- Actividades en academias, autoescolas e centros provados de ensino non regrado e centros de formación: modo presencial sempre que non se supere unha capacidade 50% respecto do máximo permitido e priorizarase a realización da actividade lectiva non presencial, por medios telemáticos.
- Hoteis e aloxamentos turísticos: A ocupación das zonas comúns dos hoteis e aloxamentos turísticos non poderá superar o 50% da súa capacidade e poderán facilitar servizos de hostalaría e restauración para os clientes aloxados.
- Bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: poderán realizarse actividades presenciais sen superar o 30% da capacidade máxima permitida.
En toda Galicia:
- A Comunidade segue pechada perimetralmente
- Peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares, así como das atraccións de feiras.
- Peche das actividades en centros sociais, sociocomunitarios, clubes de xubilados e centros de natureza análoga.
- Peche das actividades en centros de interpretación e visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos de información da rede galega de espazos protexidos.
- Actividade presencial permitida nas escolas de idiomas, deseño, danza, música,...As actividades presenciais que impliquen instrumentos de vento e/ou exercicios de canto mantéñense suspendidas.
- As clases presenciais na universidade retomaranse o luns 1 de marzo.
Recomendacións:
- Limitar a mobilidade ó máximo posible.
- Restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia.
- Evitar ou reducir a mobilidade xeográfica o máximo posible