Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CONCESIÓN DEFINITIVA AXUDAS PEL-REACTIVA

04-03-2021

En data 4 de marzo de 2021, foi aprobado mediante Decreto de Alcaldía 50/2021 a Concesión definitiva das axudas PEL- REACTIVA: Fondo de Financiamento para a Reactivación Económica e Social da provincia de A Coruña

A concesión de axudas non xenera dereito á percepción das mesmas, estando estas supeditadas ao cumprimento dos requisitos establecidos na convocatoria e á xustificación das mesmas por parte das persoas ou entidades beneficiarias.

O prazo para a xustificación: Iniciarase o 5 de marzo de 2021 e rematará o 31 de marzo de 2021 ás 23:59 horas

Para facer efectiva a xustificación, as persoas autónomas e empresas beneficiarias da axuda deberán presentar na sede electrónica do Concello de Fisterra (https://sede.concellofisterra.gal/opencms/es/) a seguinte documentación actualizada:

  • Contratos de traballo (no caso de ter persoas asalariadas ao seu cargo).
  • Xustificantes de gasto ou facturas electrónicas escaneadas, efectivamente pagadas dentro do período subvencionable. Ditas facturas deberán vir acompañadas do documento xustificativo de pago: transferencia bancaria, cheque nominativo, cargo, ingreso en conta ou calquera outra modalidade de pagamento bancario, sempre que en todo caso quede identificada a persoa ordenante (perceptora da subvención) e a persoa beneficiaria (proveedora do ben ou servizo); non obstante para os pagamentos de gasto que non excedan de 150,00€ abondará co recibín do perceptor inserido no propio documento de gasto.
  • Declaración responsable actualizada na que confirme o número de conta bancaria, e se hai algún cambio presentación do certificado de conta bancaria.

Para o cumprimento de dar publicidade a axuda concedida é obrigatorio colocar nun lugar visible do centro de traballo e na súa páxina web, no caso de que a tivese, o modelo de cartel PEL que se pode descargar dende aquí.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: