OITOM MOITO POR CAMBIAR
08-03-2021
O Concello de Fisterra únese á campaña promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Actividades abertas e de balde:
-OITOM, MOITO POR COMPARTIR: 11 de marzo, de 17:00 a 19:00h a través de Zoom. Foro aberto no que recoñecer as dificultades do momento actual, compartindo os efectos da COVID-19 nos nosos procesos de traballo, nos resultados e sobre nós mesmas.
-OITOM, MOITO POR REFLEXIONAR: Tres dialógos e espazos de reflexión desde os que compartir análises acerca dos impactos da COVID-19 na situación das mulleres.
- Saúde, corpos e violencias: 16 de marzo, de 17:00 a 19:30h. a través de Zoom con Lola Ferreiro e Iria Veiga
- Coidados e sustantabilidade das vidas: 23 de marzo, de 17:00 a 19:30h a tavés de Zoom con Antía Pérez Caramés e Marina Sagastizabal
- Emprego, precariedade e feminización da pobreza: 25 de marzo, de 17:00 a 19:30h a través de Zoom con Margarida Corral e Marta R.Bóo
-OITOM MOITO POR ESPALLAR: Publicación dixital coa devolución do proceso e as principais conclusións dos espazos de diálogo.
-OITOM, MOITO POR FACER: Para apoiar á mocidade como axente de cambio presentarase un material didáctico nun vídeo dende o que achegar referentes e ferramentas no cruce das TIC´s e os feminismos
INSCRICIÓN PREVIA EN: https://i.gal/oitoM