NOVAS RESTRICIÓNS CONTRA A COVID-19
18-03-2021
No DOG nº 52-Bis do mércores 17 de marzo sairon publicadas as novas medidas para facer fronte a crise sanitaria da COVID-19 e que entran en vigor ás 00:00h do venres 19 de marzo.
RESUMO:
- O Concello de Fisterra sitúase entre os concellos con incidencia inferior a 150 polo que entra no Nivel de restricións Media-Baixa.
- Toque de queda: 22:00 a 06:00h
- Mobilidade: permítense os desprazamentos entre todos os concellos de Galicia agás Maside, Paradela e Vilardevós
- Reunións: máximo 6 persoas exterior, 4 interior e prohibido non conviventes en domicilios.
- Hostalaría: 50% de aforo en interiores e 75% en terrazas, prohibido servir en barra. Abertos ata as 21:00h. É obrigatorio que os establecementos de hostalaría mostren os carteis de aforo e os códigos QR
- Establecementos e locais comerciais: aforo ao 50% e peche ás 21:30h. Atención preferente a maiores de 75 anos.
- Centros comerciais: aforo ao 50% en tendas. Zonas comúns 30% e só para o tránsito. Peche ás 21:30h.
- Mercados ao aire libre:
- Mercados con menos de 50 postos autorizados: 100% da súa capacidade.
- Mercados con 50-100 postos autorizados: 75% da súa capacidade.
- Mercados con máis de 100 postos autorizados: 50% da súa capacidade.
- Hoteis e aloxamentos turísticos: poden manter a súa actividade, sen prexuizo das limitacións de entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais. Zonas comúns ao 50%
- Albergues: ocupación máx 30% das prazas nos espazos de aloxamento compartido.
- Lugares de culto: aforo 50% da súa capacidade, mantendo en todo caso a distancia de seguridade de 1,5m entre os asistentes.
- Velorios e enterros: 10 persoas en interior e 25 persoas ao aire libre.
- Deporte non federado: de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. Grupos máx. 6 persoas, sen contar o monitor, en instalacións ao aire libre e máx 4 persoas en instalacións pechadas. Uso obrigatorio da máscara.
- Museos, bibliotecas e salas de exposición: aforo ao 50 %. Actividades culturais máximo 4 persoas excluída o monitor.
- Cines, auditoríos e teatros: aforo ao 30%. Mantendo en todo momento a distancia interpersoal de seguridade de 1,5 m. en todas as direccións
- Galicia: pechada perimetralmente salvo por causas xustificadas
Decreto 45/2021 do 17 de marzo da Xunta de Galicia:
Orde do 17 de marzo de 2021 da Consellería de Sanidade
Orde do 17 de marzo de 2021 da Consellería de Sanidade para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura
Recomendacións:
- Limitar a mobilidade ao máximo posible
- Restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados únicamente á unidade de convivencia