Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CURSOS COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 1 E 2

14-04-2021

Do 14 de abril ao 12 de maio estará aberto o prazo para inscribirse nas accións formativas de Competencia Clave nivel 2 e 3 para obter os certificados de profesionalidade do Sistema de Formación Profesional dos niveis 2 e 3.

Destinatarios/as: persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter cumpridos os 16 anos.
  • Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).
  • Saber ler e escribir.
  • Persoas desempregadas de longa duración.
  • Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.
  • Persoas maiores de 55 anos.
  • Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
  • Persoas inmigrantes.
  • Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
  • Outros colectivos desfavorecidos e persoas en situación de vulnerabilidade.

Documentación:

  • Formulario, declaración e compromiso debidamente cumprimentado e asinado (Anexo I que se pode obter na descarga que acompaña esta noticia).
  • Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identificación de Estranxeiros (NIE) no seu caso (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
  • Certificación emitida polo SEPE de estar inscrita como persoa desempregada.
  • No caso da mocidade (menores de 30 anos), certificado de inscrición no sistema de garantía xuvenil
  • Certificado ou Volante de empadroamento.
  • Documento acreditativo ou informe emitido polos  servizos sociais municipais que confirme a situación de vulnerabilidade, cando corresponda.
  • Documento de concesión de prestacións sociais e/ou económicas (RISGA, PNC, pensión contributiva, rendas activas de inserción, prestación por desemprego, subsidio por desemprego, etc.)
  • Certificado emitido polo SEPE de non figurar como beneficiario de prestación ou subsidio de desemprego
  • Declaración responsable da solicitante de non percibir rendas ou ingresos mensuais, iguais ou superiores ao 75% do IPREM vixente

Axuda económica para as persoas participantes: as persoas participantes nos itinerarios de PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural terán dereito á percepción dunha axuda económica en forma de bolsa se carecen de rendas ou ingresos de calquera natureza, iguais ou superiores en cómputo mensual ao 75% do IPREM vixente cada ano, segundo o establecido na lei de Orzamentos Xerais do Estado.

Para poder percibir esta axuda, a persoa participante deberá completar o itinerario de formación, obtendo o diploma acreditativo ou o certificado de profesionalidade que corresponda, admitindo so ausencias xustificadas de ata o 10% das horas totais da duración.

Presentación de solicitudes: por vía telemática, a través da sede do concello: https://sede.concellofisterra.gal/opencms/es/ ou de forma presencial na oficina de rexistro do Concello.

Máis información: ADL do Concello de Fisterra no tel.: 981 740 001

Descargas

Compartir:

Novas por anos: