Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


LETRAS GALEGAS 2021

05-05-2021

O Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas 2021 onde se homenaxea a Xela Arias:

-VENRES, 14 DE MAIO: GALA POLA LINGUA. CULTURACTIVA. Presentación a cargo de Fran Rei e Isabel Risco. Espectáculo de maxia "As nosas letras" a cargo do MAGO TETO. Actuación musical con PAKOLAS. Ás 7 da tarde no salón de actos do Concello de Fisterra. Público familiar. Aforo limitado!. Duración: 70 minutos.

Reserva de entradas: antes do 13 de maio no correo electrónico culturafisterra@hotmail.com ou no teléfono 981 740 001, ext 6, Concellería de Cultura (de luns a venres de 08:30 a 15:00 h).

-DOMINGO 16 DE MAIO: MUSICAL PARA BEBÉS. MARÍA E JORGE: CUCÚ.
Ás 12 da mañá no salón de actos do Concello de Fisterra. Destinado a nenos e nenas de 0 a 3 anos. Duración: 40 minutos.
 
Reserva de entradas: antes do 13 de maio no correo electrónico  culturafisterra@hotmail.com ou no teléfono 981 740 001, ext 6, Concellería de Cultura (de luns a venres de 08:30 a 15:00 h)
 
-LUNS, 17 DE MAIO: PRESENTACIÓN E RECITAL DA OBRA DA AUTORA XELA ARIAS a cargo da Normalizadora Lingüística do Concello de Fisterra, Pilar Garcia.
Ás 7 da tarde na Biblioteca municipal Casa do Arco (R/ da Cerca, 5)
Aforo limitado.
 
-DO 17 AO 23 DE MAIO: PROXECCIÓN AUDIOVISUAL SOBRE XELA ARIAS, "A PALABRA ESGAZADA", onde se aborda a vida persoal e a traxectoria profesional en 6 episodios. Realizarase a través do facebook do Concello de Fisterra: https://www.facebook.com/concellodefisterra
 
Contarase con todas as medidas de seguridade COVID-19

Descargas

Compartir:

Novas por anos: