Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES CONTRATACIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL

12-05-2021

Á vista da subvención outorgada por parte da Excma. Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro da Convocatoria do Programa de Integración Laboral, PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021, o Concello de Fisterra publica as bases para a contratación de Persoal Laboral Temporal de oito (8) peóns para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais.

REQUISITOS ESPECÍFICOS:

-Estar en situación de desemprego. circunstancia gue se acreditará coa
presentación da tarxeta de demandante de emprego.

-As persoas aspirantes deberán estar incluídas nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:

  • Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
  • Maiores de 45 anos.
  • Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
  • Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola
    administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%.
  • Persoas en situación de drogodependencia. 
  • Persoas gue vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
  • Persoas con fogar monoparental.
  • Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
  • Persoas vítimas de violenciade xénero. 
  • Persoas sen fogar


DURACIÓN: O contrato de traballo será de duración determinada por obra ou servizo, cunha xornada laboral de 37,5 horas semanais, por un período de sete (7) meses dende a súa sinatura, ou ata o 31 de decembro de 2021.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fisterra de 9H a 14:00h, ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases nesta páxina web e no taboleiro electrónico https://sede.concellofisterra.gal/opencms/es/informacion/ que foi o día 12/05/2021.

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: