BASES CONTRATACIÓN PERSOAL LABORAL TEMPORAL
12-05-2021
Á vista da subvención outorgada por parte da Excma. Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro da Convocatoria do Programa de Integración Laboral, PEL-CONCELLOS REACTIVA 2021, o Concello de Fisterra publica as bases para a contratación de Persoal Laboral Temporal de oito (8) peóns para a cuadrilla de obras e servizos mínimos municipais.
REQUISITOS ESPECÍFICOS:
-Estar en situación de desemprego. circunstancia gue se acreditará coa
presentación da tarxeta de demandante de emprego.
-As persoas aspirantes deberán estar incluídas nalgunha das seguintes situacións de exclusión laboral:
- Mulleres, ao ter un diferencial de índice de paro rexistrado sensiblemente superior ao dos homes.
- Maiores de 45 anos.
- Persoas desempregadas de longa duración. Aos efectos deste programa terán esta consideración aquelas persoas que leven un mínimo de dous anos como demandantes de emprego.
- Persoas con discapacidade: aquelas persoas que teñan recoñecida, pola
administración competente, unha discapacidade nun grao igual ou superior ao 33%. - Persoas en situación de drogodependencia.
- Persoas gue vivan nun fogar onde ninguén teña emprego.
- Persoas con fogar monoparental.
- Persoas con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais.
- Persoas vítimas de violenciade xénero.
- Persoas sen fogar
DURACIÓN: O contrato de traballo será de duración determinada por obra ou servizo, cunha xornada laboral de 37,5 horas semanais, por un período de sete (7) meses dende a súa sinatura, ou ata o 31 de decembro de 2021.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Fisterra de 9H a 14:00h, ou na forma prevista no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases nesta páxina web e no taboleiro electrónico https://sede.concellofisterra.gal/opencms/es/informacion/ que foi o día 12/05/2021.