BASES CONTRATACIÓN TÉCNIC@S DE TURISMO
28-05-2021
O Concello de Fisterra publica as bases para a selección de dúas prazas de Técnicos/as de Información Turística a tempo completo mediante contrato laboral de duración determinada por un peridodo de 5 meses e medio para a Oficina de Turismo como consecuencia da subvención concedida pola Excma. Deputación Provincial da Coruña.
As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes dentro do prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación nesta páxina web e no taboleiro electrónico do Concello de Fisterra https://sede.concellofisterra.gal/opencms/es/ que se fixo o día 28/05/2021.