Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


28 DE XUÑO: DIA DA DIVERSIDADE SEXUAL

03-06-2021

O Concello de Fisterra súmase á campaña "Liberdade de Ser e Sentir" da Deputación da Coruña en conmemoración do Día da Diversidade Sexual que se celebrará o vindeiro luns,  28 de xuño.

Para a súa celebración o Concello de Fisterra pón en marcha unha serie de actividades:

-Obradoiro "Arco da vella", realizado por Mimadriña onde se elaborará un mural e se levará a cabo a lectura de "Vivan as uñas de cores" e "a Peluca de Luca" dirixido a escolares de primaria dos distintos centros educativos do Concello. Datas:

  • Luns, 7 de xuño: Colexio Mar de Fóra
  • Martes, 8 de xuño: CEIP Areouta 
  • Venres, 11 de xuño: Colexio Nosa Señora do Carme

-Entrega do libro "Con tango son tres" da editoral Kalandraka, aos alumnos de infantil de todas as escolas do municipio.

A bandeira multicolor, símbolo da diversidade sexual, permanecerá na fachada da Casa do Concello durante todo o mes de xuño.

Programa financiado polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: