LISTA DEFINITIVA ADMITID@S TÉCNIC@ MUSEO DA PESCA
22-06-2021

Rematado o prazo e sen presentarse ningunha alegación contra a Lista Provisional de Admitidos/as e Excluídos/as para contratación dun/ha Técnico/a de Museo para desenvolver tarefas de Atención, Información e Dinamización no Museo da Pesca, dependente do Concello de Fisterra e con cargo á subvención outorgada pola Deputación Provincial da Coruña, apróbase a Lista definitiva de admitidos/as.
Sinalase para o día 28/06/2021 ás 11:00h, as probas da fase de oposición integrada en dúas partes; a primeira consistirá nunha proba escrita tipo test e a segunda unha proba escrita de proposta concreta de xestión e dinamización do espazo museístico, que se realizarán no salón de sesións da casa do concello.