PROGRAMA RESPIRA FISTERRA
23-06-2021

O Concello de Fisterra organiza durante o mes de xullo unha serie de Campamentos de Conciliación:
Destinados a: nenos e nenas de 3 a 12 anos.
Horario: de 10:00 a 14:00h
Actividades: saídas, teatro, cine, repostería creativa, xogos predeportivos, danza, xogos en inglés, creatividade,....
Inscricións e información: Do 24 ao 28 de xuño.
-No Departamento de Educación Familiar do Concello de Fisterra. Teléfono 981 740 001
-A través da sede electrónica do Concello de Fisterra: https://sede.concellofisterra.gal/opencms/es/ , empregando o trámite de Solicitude Xeral e adxuntado a folla de inscrición que está nesta mesma páxina web
Prazas limitadas: Precísase achegar acreditación da necesidade de conciliación da vida laboral, familiar e persoal.