BASES CONTRATACIÓN PEÓN FORESTAL-APROL RURAL 2021
08-07-2021

O Concello de Fisterra publica as bases para a contratación laboral temporal dun/ha traballador/a como peón para o desenvolvemento do servizo “peón forestal”, por un período de nove (9) meses subvencionada pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia a través do Programa de fomento do emprego “Aprol Rural”, mediante resolución de data 30/06/2021.
Ás persoas candidatas foron remitidas polo Servizo Público de Emprego dentro do programa Aprol Rural 2021 e dispoñen dun prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte á data de publicación, que foi o 08/07/2021 para presentar a solicitude de participación no proceso selectivo.