LISTA PROVISIONAL ADMITID@S E EXCLUÍD@S POSTO PEÓN FORESTAL
14-07-2021
Rematado o prazo establecido para a presentación das solicitudes de participación no proceso selectivo dun posto de peón forestal dentro do programa APROL RURAL 2021, entre tódolos/as candidatos/as remitidos polo Servizo Público de Emprego, o Concello de Fisterra aproba a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as.
Os/as aspirantes disporán dun prazo de dous (2) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación que foi o 14/07/2021, para a subsanación de posibles defectos que poidan observarse.