Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


FISTERRA. NIVEL ALTO DE RESTRICIÓNS

23-07-2021

 
Ás 00:00h do sábado, 24 de xullo o Concello de Fisterra pasará ao Nivel Alto de restricións. Resumo das medidas:
  • Reunións sociais:
    -Máx. 6 persoas en interior e 10 en exteriores ou 2 grupos de convivencia
    -Entre a 01:00h e ás 06:00h, prohibidas as reunións de non conviventes.
    -Deben ser ratificadas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
  • Hostalaría e restauración:
    -Interior: 50% e un máx. de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas. Esixirase unha destas opcións (exentos os menores de 12 anos):
    • Certificado de vacinación completa
    • Proba negativa nas últimas 72 h
    • Ter pasado a infección

-Terrazas: 50% e un máx. de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas

-Non se poderá prestar servizo na barra.

-Horario de peche ao público: ata a 1:00h sempre que se cumpla co Plan de hostalaría segura

  • Ocio nocturno: 
    -Interior pechado.
    -Aforo do 50% unicamente para servizo nas terrazas ao aire libre.Aforo do 50% unicamente para servizo nas terrazas ao aire libre. O consumo e o servizo sentado na mesa cun máx. de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas. Peche á 1:00h
  • Espectáculos musicais: os organizados con público sentado non poderán superar o 50% da capacidade permitida mantendo as medidas preventivas e de seguridade.
  • Actividade deportiva non federada: nas instalacións pechadas, 50% da capacidade máxima permitida con distancia de seguridade interpersoal, grupos de ata 6 persoas, sexan ou non conviventes, sen contar o monitor, coa utilización de máscara.
Máis información: Orde do 22 de xullo de 2021 da Consellería de Sanidade
 
Recordamos a necesidade de cumprir en todo momento coas medidas hixiénico-sanitarias recomendadas:
  • Usade a máscara
  • Lavade e desinfectade as mans frecuentemente.
  • Mantede a distancia social.
  • Evitade aglomeracións.
  • Ventilación de espazos interiores
 
Compartir:

Novas por anos: