Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ITINERARIOS FORMATIVOS DE INSERCIÓN

29-07-2021

O venres, 30 de xullo ábrese o prazo para inscribirse nas seguintes accións formativas que forman parte do Proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural da Deputación da Coruña:

  • Atención sociosanitaria_norte (Narón, Cambre-Culleredo, Ortigueira): finaliza o prazo de inscrición o 3 de setembro ás 14:00h
  • Atención sociosanitaria_sur (Cee e Ordes): finaliza o prazo de inscrición o 13 de agosto ás 14:00h
  • Xestión de chamadas de teleasistencia (Arteixo): finaliza o prazo de inscrición o 3 de setembro ás 14:00h
  • Dinamización Comunitaria (Ortigueira, Santa Comba e Ordes): finaliza o prazo de inscrición o 3 de setembro ás 14:00h
  • Guía por itinerarios de baixa e media montaña (Teo e Mazaricos): finaliza o prazo de inscrición o 17 de setembro ás 14:00h

Destinatarios: Persoas desempregadas inscritas no servizo público de emprego de Galicia.

Inscricións: a partir do 30 de xullo na sede electrónica do Concello de Fisterra (https://sede.concellofisterra.gal/opencms/es/), procedemento PEL-Emprego Sustentable ou descargando o formulario e entregándoo, xunto a documentación que corresponda, no rexistro municipal para continuar coa fase de baremación e entrevista.

Descargas

Compartir:

Novas por anos: