LISTA PROVISIONAL ADMITID@S E EXCLUÍD@S OPERARIOS SERVIZOS MÚLTIPLES
23-08-2021
Rematado o prazo para a presentación de solicitudes de participación na bolsa de traballo para a contratación temporal de operarios (peóns) dentro do grupo de servizos múltiples, coa finalidade de cubrir situacións de acumulación de tarefas, substitucións de traballadores con dereito á reserva de praza, baixas por incapacidade temporal, maternidade, paternidade, vacacións, licenzas, permisos, etc., o Concello de Fisterra publica a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as.
Os/as aspirantes disporán dun prazo de dous (2) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación que foi o 23/08/2021, para a subsanación de posibles defectos que poidan observarse.