INFORMACIÓN E ASESORAMENTO TÉCNICO PEPRICH
07-09-2021

As persoas interesadas en recibir información e asesoramento técnico do Concello de Fisterra sobre o Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Casco Histórico (PEPRICH) e para formular as alegacións que consideren pertinentes, poden solicitar cita previa das seguintes formas:
- No tel.: 981 740 001
- https://sede.concellofisterra.gal/opencms/gl/cita/index.html
Os documentos que forman o PEPRICH poden consultarse na casa do Concello ou nesta mesma páxina web na sección de Áreas-Urbanismo.