PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA E XESTIÓN DO RISCO DE SECA
20-10-2021
O Concello de Fisterra invita aos veciños/as do municipio a colaborar na elaboración do PLAN MUNICIPAL DE EMERXENCIA E XESTIÓN DO RISCO DE SECA.
Este Plan comprenderá diferentes accións a realizar en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga e a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario de seca.
A participación xa se pode realizar de xeito telemático a través do seguinte enlace e estará dispoñible ata o día 29 de outubro:
A seca é un fenómeno a nivel global que se produce cando a dispoñibilidade da auga é menor do habitual. O obxecto do plan de seca é servir coma ferramenta que complemente a planificación estatal e autonómica na materia a unha escala de detalle centrada no territorio municipal para que dende unha perspectiva de xestión preventiva se mellore o sistema de abastecemento, se determine as vulnerabilidades deste e se minimicen os efectos negativos que poidan producir os escenarios de seca.
Dende o Concello, animamos a poboación a participar a través do enlace compartido coa finalidade de poder realizar un Plan de Seca do xeito máis preciso posible.