Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BOLSAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO PARA ALUMN@S

10-11-2021

O Concello de Fisterra aproba as bases da convocatoria para a concesión polo procedemento de concorrencia competitiva de bolsas complementarias ao estudio para alumnos/as empadroados no Concello de Fisterra e matriculados en centro docentes durante o curso escolar 2021/2022.

OBXECTO E FINALIDADE:

-O obxecto destas bases é a regulación da concesión de bolsas complementarias ao estudo a familias dos/das alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil, educación primaria e secundaria obrigatoria, empadroados/as no Concello de Fisterra para o curso 2021/2022.

-A finalidade última das axudas é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar os custos dos gastos derivados da adquisición de material informático (ordenador de sobremesa ou portátil, tablet, impresora) a utilizar durante o curso 2021/2022

CONTÍA DA BOLSA:

A contía das axudas será por un importe único de 250€ por alumno/a matriculado/a.

SOLICITUDES:

As solicitudes (ANEXO I) e demais documentación presentaranse de maneira obrigatoria nos modelos normalizados establecidos a tal efecto que se poden atopar na Concellería de Servizos Sociais, no Rexistro Xeneral do Concello de Fisterra e na descarga que acompaña esta noticia.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia que foi o 10/11/2021

Máis información: Departamento de Educación Familiar do Concello de Fisterra de 9:00 a 14:00h

Descargas

Compartir:

Novas por anos: