Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS

19-11-2021

Concello de Fisterra adheriuse un ano máis a campaña En Negro Contra as Violencias no marco do Día Internacional Contra A Violencia de Xénero do próximo 25 de novembro.

Con isto, preténdese fomentar unha acción de sensibilización cidadá contra as violencias machistas no ámbito municipal ou implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento da violencia de xénero e dos asasinatos machistas, fundamental para promover a transversalidade de xénero nas accións e políticas municipais e traballar a prol da igualdade..

O Concello de Fisterra convida aos comercios, hostalaría, asociacións, centros educativos, casas, rúas e redes sociais a participar tinguíndose de negro. 

A acción consiste en tinguir de negro o noso contorno a través dos escaparates, os manequís, a roupa de traballo,...En definitiva vestir de loito en sinal de dor durante a semana do 22 ó 26 de novembro.

Os establecementos comerciais do municipio que queiran colaborar poden dirixirse ás oficinas de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00h onde se proporcionará información e material adecuado.

Campaña financiada polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero

PROGRAMA DE ACTIVIDADES (XOVES, 25 DE NOVEMBRO)
 
-11:00h: Marcha co alumnado dos centros eductivos da vila dende a Casa do Concello ata o pavillón municipal.
-11:30 h: Acto Institucional:
  • Lectura dos diferentes manifestos de cada centro
  • Breve recital poético
  • Lectura do manifesto institucional
  • Lectura dos nomes das mulleres vítimas dende novembro de 2020.
  • Minuto de silencio polas vítimas asasinadas.
O acto será aberto ao público.

Máis información: Departamento de Servizos Sociais-Educación Familiar do Concello de Fisterra ou no tel. 981 740 001

Compartir:

Novas por anos: