Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROGRAMA TERMALISMO 2022

01-12-2021

O IMSERSO convoca prazas para participar no Programa de Termalismo para o ano 2022
 
Requisitos:
  • Valerse por si mesmo/a
  • Ser pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente ou por xubilación.
  • Pensionistas de viuvez con 55 ou máis anos.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor/a de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos.
  • Ter 65 anos, asegurada/o do sistema da Seguridade Social.
Prazos para solicitar praza:
  • Ata o 31 de decembro de 2021 para ir nos meses de febreiro a agosto.
  • Ata o 15 de maio de 2022 para ir nos meses de setembro a decembro
 
Máis información: departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra ou en https://www.imserso.es/imserso_01/envejecimiento_activo/termalismo/index.htm
 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: