ENTROIDO FISTERRA 2022
02-02-2022
A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra xa ten preparada a programación do "Entroido máis tradicional da Costa da Morte", e unha das novidades deste ano é a elaboración dunha revista sobre a historia do Entroido de Fisterra; documentos, escritos, fotografías, letras... para a cal contamos coa coordinación e traballo de Gabriel Riveiro López, Antonio Fernández Corbal e a nosa técnica de Cultura Silvia Sar. Ademais da colaboración de moitos veciños e veciñas da nosa vila.
A mesma será entregada, de forma gratuíta, a todos os veciños e veciñas que a desexen nun posto preparado durante os días nos que se realizarán as actividades reflexadas no programa do entroido. Tamén podedes conseguir un exemplar na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra durante esas datas.
PROGRAMACIÓN ENTROIDO:
"Despois do parón do ano pasado, un ano atípico por culpa da pandemia da Covid, e aínda que fixéramos un guiño ás novas tecnoloxías e as actividades se presentaran dunha maneira diferente, nada que ver co noso entroido na rúa, participativo e inxenioso. Neste 2022 tamén imos ter cambios, debido á situación que vivimos e ante a imposibilidade de facer as cousas como ata agora, pero esperamos que sexa igual de atractivo e dinámico e así ir mellorando para as próximas edicións".-Concelleira de Cultura, Teresa Fernández Martínez
-VENRES 25 DE FEBREIRO:
- 11:30h.- Desfile de Entroido do CEIP Areouta de Sardiñeiro.
-SÁBADO 26 DE FEBREIRO:
- 12:00h: Pasarrúas da charanga A TRIPULASIÓN polas rúas de Fisterra acompañados dos CABEZUDOS.
- 18:00h.-Concentración das comparsas na Cruz de Baixar acompañadas dos RAPACOLLON´S BIG BAND e a charanga TNT.
- 18:15h: Desfile pola vila das comparsas compartindo diferentes disfraces da historia do Entroido fisterrán e a súa esencia.
-AXUDAS ECONÓMICAS:
- COMPARSAS entre 20-30 persoas.-Axuda económica de 300€.
- COMPARSAS entre 31-40 persoas-Axuda económica de 400€.
- COMPARSAS de máis de 40 persoas.- Axuda económica de 500€.
INSCRICIÓNS: na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra ou no correo culturafisterra@hotmail.com antes do 21 de febreiro.
A continuación, na praza da Constitución, PREGÓN DO ENTROIDO 2022 a cargo de ROBERTO TRABA VELAY e Cía amenizado cos Rapacollon´s Big Band e a charanga TNT.
NO CASO DE MAL TEMPO REALIZARASE TODO O DOMINGO 27 NO MESMO HORARIO.
-DOMINGO 27 DE FEBREIRO:
- 12:00h.- Pasarrúas da Charanga O RUMBO DE SARDIÑEIRO polas rúas de Fisterra.
- 17:00h.-Concerto UXÍA LAMBONA e a BANDA MOLONA. No porto de Fisterra. (Haberá carpa). Público familiar.
-MARTES 1 DE MARZO:
- 17:00h.- Concurso de disfraces destinado a todas as idades, nenos/as e maiores. No porto de Fisterra. (Haberá carpa).
- Obradoiro de chapas e chocolate con churros para todos e todas as persoas participantes.
-PREMIOS:
CATEGORÍA INDIVIDUAL (1 persoa)
- 1º PREMIO.- 40€ máis trofeo.
- 2º PREMIO.- 30€ máis trofeo.
- 3º PREMIO.- 20€ máis trofeo.
-CATEGORÍA PARELLAS (2 persoas)
- 1º PREMIO.- 80€ máis trofeo.
- 2º PREMIO.- 60€ máis trofeo.
- 3º PREMIO.- 40€ máis trofeo.
CATEGORÍA GRUPOS (Entre 3 e 15 persoas)
- 1º PREMIO.- 130€ máis trofeo
- 2º PREMIO.- 100€ máis trofeo.
- 3º PREMIO.- 70€ máis trofeo.
Na CATEGORÍA DE GRUPO tense que realizar unha pequeña actuación ben sexa un baile, unha canción, pequena parodia…
INSCRICIÓNS: na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra ou no correo culturafisterra@hotmail.com antes do 24 de febreiro ou o mesmo día, no propio porto, de 16:30 a 17:00h. (Unha vez que comece o concurso non poderán facer a inscrición).
AVISO: Uso obrigatorio de mascarilla en todas as actividades.