RISOTERAPIA PARA MULLERES: ESMENDRÉLLATE
08-02-2022
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra, organiza un obradoiro de Risoterapia para Mulleres. Esta actividade englóbase dentro doutras que se levarán a cabo para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller
A risa é utilizada como estratexia terapéutica grupal, aportando enormes beneficios nas distintas dimensións do ser humano: física, social, cognitiva e emocional, contribuíndo de maneira decisiva a mellorar a calidade de vida das persoas participantes.
Datas e horario: Os xoves 3, 10, 17, 24, 31 de marzo e 7 de abril de 18:00 a 19:00h
Lugar: Salón de deportes do Concello de Fisterra
Inscricións: do 9 ao 28 de febreiro no departamento de Educación Familiar do Concello de Fisterra, tel.: 981 740 001
Programa financiado polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero