EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: A COSTA DA MORTE...NAMORA
09-02-2022

A Casa do Arco de Fisterra acolle a exposición fotográfica "A COSTA DA MORTE...NAMORA" da fotógrafa Chelo do Xastre.
É unha mostra que percorre diferentes paisaxes do litoral da zona occidental da nosa provincia, cunha recompilación de varias imaxes tomadas entre os anos 2015 e 2021, nas que se poden ver praias, acantilados e faros, entre eles o noso Faro de Fisterra.
Lugar: Casa do Arco. Rúa da Cerca, 5 Fisterra
Datas: Do 14 de febreiro ao 20 de abril
Horarios:
- Luns: de 16:30 ás 20:00h.
- Martes a Xoves : de 10:00 á 13:30h e de 16:30 ás 20:00h.
- Venres: de 9:00 á 13:30h e de 17:00 ás 20:00h.