PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE
16-02-2022

A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, convoca as probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación (DOG nº 32, do mércores de 16 de febreiro de 2022).
Presentación de solicitudes:
- Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento TR306A)
- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- A solicitude tamén estará dispoñible no portal web da Consellería de Emprego e Igualdade https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave
Prazo de solicitude: Do 17 de febreiro ata o 7 de abril de 2022
Máis información: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra no tlf.: 981 740 001 ou en https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/competencias-clave/convocatoria-probas?langId=gl_ES