Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2022

17-02-2022

O departamento de deportes do Concello de Fisterra, organiza as seguintes actividades que se levarán a cabo na sala polivalente que está no baixo do Concello:

PILATES (a partir dos 16 anos)

Horarios:

  • Martes e xoves:10:00h a 10:45h-11:00h a 11:45h
  • Luns e venres: 18:15h a 19:00h
  • Mércores e venres: 10:00h a 10:45h-11:00h a 11:45h-16:00h a 16:45h

Grupo máximo: 10 persoas.

ACTIVIDADE FÍSICA 3ª IDADE (a partir de 60 anos)

 Horarios:

  • Luns: 10:00h a 10:45h-11:00h a 11:45h

Grupo máximo: 10 persoas

BATUDANCE (a partir dos 16 anos)

Horarios:

  • Mércores: 17:15h a 18:00h
  • Venres: 17:15h a 18:00h

Grupo máximo: 10 persoas

MULTIDEPORTE (nenos/as de 1º a 6º E.P.)

 Horarios:

  • Luns: 17:15h a 18:00h
  • Xoves: 15:15h a 16:00h-16:15h a 17:00h-17:15h a 18:00h

Grupo máximo: a determinar polo monitores

Inscricións: do 18 ao 22 de febreiro de 2022:

As prazas serán adxudicadas por sorteo público o xoves, 24 de febreiro ás 11:30h

O inicio das actividades está previsto para o luns, 7 de marzo.

Avisos:

  • Obrigatorio o uso da máscara de protección e do certificado Covid
  • A posta en marcha das actividades está supeditada ao protocolo e á evolución da crise sanitaria da Covid-19.
  • Todas as actividades ofertadas seguirán as recomendacións sanitarias pertinentes pola Covid-19.

Actividades subvencionadas pola Deputación da Coruña en base a F0106-Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de deporte en 2022

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: