SEMANA SANTA FISTERRA 2022
06-04-2022
O sábado, 2 de abril comezou a Semana Santa de Fisterra co Retiro de Coresma e o Sacramento de Confesión na Igrexa Parroquial
O venres, 8 de abril ás 20:00h. na igrexa parroquial, terá lugar a misa solemne cantada polo coro "Nosa Sra. das Areas". A continuación terá lugar a Procesión da Nosa Señora das Dolores que percorrerá as rúas de Fisterra, acompañada pola "Banda Municipal de Cee".
O sábado, 9 de abril, farase unha peregrinación dende a Igrexa de San Xoán de Sardiñeiro ata a igrexa parroquial de Santa María das Areas de Fisterra.
Nas seguintes descargas pódese ver unha recopilación das actividades previstas para celebrar a Semana Santa de Fisterra organizadas pola Xunta de Confrarías da Semana Santa coa colaboración do Concello de Fisterra.
Vive a Semana Santa en Fisterra!!