Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


LETRAS GALEGAS 2022

03-05-2022

O Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades para celebrar as Letras Galegas 2022 onde se homenaxea a Florencio Delgado Gurriarán:

-VENRES 13 DE MAIO: "FINISTERRAE, O ÚLTIMO ULTRAMARINOS". Ás 19:30h no salón de actos do Concello de Fisterra.

Un texto de María Lado baseado nunha idea orixinal de Borxa Insua. Dirixido por Topo Vidal. Teatro destinado a Público adulto.

SÁBADO 14 DE MAIO: "ADOLESCENTES". Un monólogo de MARIÑA LESTÓN. Ás 19:00h no Salón de actos do Concello de Fisterra.

Reserva a túa entrada no correo culturafisterra@hotmail.com antes do 11 de maio. Aforo limitado. No caso de superar o aforo, realizarase un segundo pase ás 20:00h. Público adolestente e adulto.

MARTES 17 DE MAIO: "FEIRA DAS SEMENTES": Ás 12:00h no Salón de actos do Concello de Fisterra.

Un espectáculo que abarca monicreques de mesa, luva de obxectos e bunrraku. A peza presenta unha selección de contos, poemas, refráns, cancións e adiviñas relacionados coa agricultura e as sementes recollidos nos cancioneiros e refraneiros populares galegos. Público familia. Aforo limitado.

Recomendable o uso de mascarilla en todas as actividades.

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: