BASES PEÓN FORESTAL GRUPO SERVIZOS MÚLTIPLES-APROL RURAL 2022
11-05-2022
O Concello de Fisterra publica as bases para a selección dun/ha traballador/a como peón para o desenvolvemento do servizo “peón forestal do grupo de servizos múltiples”, por un período de nove (9) meses subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia a través do Programa de fomento do emprego “Aprol Rural”, mediante resolución de data 04/05/2022.
Ás persoas candidatas foron remitidas polo Servizo Público de Emprego dentro do programa Aprol Rural 2022 e dispoñen dun prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte á data de publicación, que foi o 11/05/2022 para presentar a solicitude de participación no proceso selectivo.