Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES CONTRATACIÓN PERSOAL LIMPEZA DE PRAIAS 2022

10-06-2022

Á vista da subvención outorgada por parte da Excma. Deputación Provincial da Coruña, ao abeiro da convocatoria do programa de limpeza de praias marítimas dirixido aos concellos da provincia durante o exercicio 2022, acórdase a contratación de 9 traballadores/as para a limpeza de praias e a súa contorna.

Duración e tipo de contrato: do 1 de xullo ao 26 de setembro de 2022, con un contrato de duración determinada a tempo parcial por circunstancias da produción, por situacións ocasionais, previsibles de duración reducida e delimitada, cunha xornada laboral de 5 horas diarias.

Prazo presentación de solicitudes: Cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das Bases que foi o 10/06/2022

Requisitos dos aspirantes:

  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións propias do posto.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas nin atoparse inhabilitado/a, por sentenza firme, para o exercicio das funcións públicas.
  • Estar inscrito/a como desempregado/a no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante non ocupado/a e estar dispoñible para o emprego.

Documentación a presentar:

  • Instancia conforme ao modelo que figura no anexo I
  • Copia cotexada do documento nacional de identidade.
  • Relación de méritos alegados: orixinal ou copia cotexada da documentación acreditativa dos méritos que se pretenden alegar

selección realizarase en dúas fases:

  • Proba teórica tipo test
  • Valoración de méritos

Descargas

Compartir:

Novas por anos: