ACTIVIDADES DEPORTIVAS-VERÁN 2022
13-06-2022
O Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades deportivas durante os meses de xullo e agosto:
-XORNADAS DE PEQUE OLIMPIADAS INFANTÍS (13 de xullo, de 11:00 a 12:30h). Para rapaces e rapazas desde 1º E.P a 6º E.P.
-CAMPIONATO DE PENALTIS (20 de xullo, de 11:00 a 12:30h). Para rapaces e rapazas desde 1º E.P ata 4º E.S.O
-OBRADOIRO+DEPORTE (Todos os xoves de xullo). Para rapaces e rapazas desde 1º E.P a 6º E.P. Taller de alimentación saudable, manualidades, educación vial e xogos.
-TRIMARATÓN DEPORTIVO (Todos os martes de xullo, de 11:00 a 12:30h). Para rapaces e rapazas desde 5º E.P. ata 4º E.S.O
-CURSO DE VELA (Agosto): Para rapaces e rapazas de 8 a 16 anos.
Prezo: o quivalente á licenza federativa. Para os rapaces que teñan a licenza federativa en vigor, o curso será gratuíto
-CIRCUÍTO EN BICI (27 de xullo): Para rapaces e rapazas desde 1º E.P ata 4º E.S.O
-BAUTIZOS DE BUCEO (Agosto): Para rapaces e rapazas de 14 anos en adiante. Xornadas únicas cunha duración de 3 horas.
-TALLER DE BAILE (6 de xullo): Para rapaces e rapazas desde 1º E.P ata 4º E.S.O
- De 10:30 a 11:45h: Maiores
- De 11:45 a 13:00h: Pequenos
Inscricións: do 15 ao 23 de xuño de 2022:
- No formulario en liña: https://forms.gle/RixauxwsF8BPgTNo8
- No Departamento de Deportes do Concello de Fisterra, tel.: 981 740 001 ext. 1 de 10:00 a 13:00h
AVISOS:
- As prazas son limitadas
- Todas as actividades son gratuítas
- No caso de superar o límite de prazas, o sorteo realizarase o 28 de xuño, ás 11:00h