LISTA DEFINITIVA ADMITID@S PERSOAL LIMPEZA DE PRAIAS 2022
23-06-2022

Rematado o prazo e sen presentarse ningunha alegación contra a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as para a selección de 9 peóns con destino á limpeza de praias, o Concello de Fisterra aproba a lista definitiva de admitidos/as.
- Proba teórica (tipo test): mércores, 29 de xuño ás 11:00h, no salón de sesións do Concello de Fisterra.
- Proba de coñecemento do idioma galego (para aqueles aspirantes que non acreditaran estar en posesión do Celga 1): mércores, 29 de xuño ás 13:00h, no salón de sesións do Concello de Fisterra.
Os/as aspirantes deberán vir provistos de DNI e bolígrafo.