Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


SOLICITUDE DE ACCESO A ZONAS PEONÍS

11-07-2022

O Concello de Fisterra, por mor da próxima instalación de cámaras de control de acceso as zonas peonís, inicia un novo censo de vehículos autorizados a circular polas seguintes rúas:

  • Rúa Arasolis
  • Rúa da Praza
  • Rúa da Cerca
  • Praza da Constitución 
  • Rúa Real

As persoas interesadas en circular por ditas rúas, deberán solicitar o acceso as zonas peonís da seguinte forma:

  • Forma presencial: Nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00h
  • Forma telemática: A través do procedemento "Solicitude Xeral" da sede electrónica do Concello de Fisterra: https://sede.concellofisterra.gal/opencms/es/, adxuntando o modelo de solicitude que se pode descargar nesta mesma páxina web.

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: