PROGRAMA COIDADOS PORTA A PORTA
04-08-2022

O programa "Coidados porta a porta" da Xunta de Galicia, chegará a Fisterra os días 1, 2, 5 e 6 de setembro prestando os seguintes servizos:
- Servizo de podoloxía: Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.
- Servizo de audioloxía: Valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.
- Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo
Destinatarios/as: Persoas maiores de 55 anos, con cita previa e de xeito gratuíto
Lugar: Diante do polideportivo municipal/campo de fútbol
Cita previa obrigatoria:
Teléfonos: 622 748 283 - 623 546 992
Email: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal