Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BOLSA DE EMPREGO AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR-ANO 2022

04-08-2022

Aprobadas as bases reguladoras da convocatoria para a constitución dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar no Concello de Fisterra.

OBXECTO: As presentes bases teñen por obxecto regular o procedemento de selección para a creación dunha bolsa de traballo para o posto de auxiliar de axuda no fogar, para os casos de substitución de persoal por substitución de traballadores con dereito a reserva do posto de traballo, por baixas por incapacidade temporal, maternidade, vacacións, licenzas, permisos, xubilación parcial ou anticipada polo período que medie entre a xubilación e a cobertura da dita praza polos procedementos de provisión de postos de traballo previstos legalmente, acumulación de tarefas de carácter puntual do servizo de axuda no fogar do Concello de Fisterra.

REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES

Requisitos xerais:

  • Ter nacionalidade española.
  • Tamén poderán participar os nacionais doutros Estados nos termos do art. 52 da Lei 2/2015, de 9 de abril, de emprego público de Galicia.
  • Non padecer nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida ou sexa incompatible co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima da xubilación forzosa
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin estar en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso aos corpos ou escalas de funcionario e para exercer funcións similares as que desenvolvan no caso do persoal laboral, no que houbese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin haber sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

Requisitos específicos:

  • Carne de conducir B1 e dispor de medio de transporte para poder desprazarse dentro do termo municipal
  • Título de formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto
  • Celga 3, Curso de iniciación ou equivalente.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Coa instancia debidamente cuberta, achegaranse os seguintes documentos:

  • Fotocopia compulsada do DNI ou documento equivalente.
  • Os aspirantes estranxeiros deberán presentar documento que acredite que é nacional da Unión Europea ou dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Declaración xurada de que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na convocatoria (inclúese no modelo de instancia)
  • Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos alegados para a súa valoración no concurso.
  • De ser o caso, fotocopia compulsada de documentación oficial que acredite o CELGA 3 ou superior.
  • Fotocopia compulsada do carnet de conducir e declaración xurada de dispoñibilidade de medio de transporte.
  • Fotocopia compulsada da titulación esixida.
  • As persoas aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude

XORNADA: A xornada será completa ou parcial, incluindo sábados, domingos e festivos, segundo as necesidades do servizo.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: As instancias estarán dirixidas ao Sr. Alcalde do Concello de Fisterra, podendo presentarse no Rexistro xeral en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres ou na https://sede.concellofisterra.gal en calquera día e hora dentro do plazo de presentación de solicitudes. Ademais, poderán cursarse polos procedementos previstos no artigo 16.4 da LPACAP. 

O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia que foi o 04/08/2022

Descargas

Compartir:

Novas por anos: