TOPONIMÍZATE
04-10-2022

Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, é un programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística, de promoción da lingua galega para concellos pertenentes á Rede de Dinamización Lingüísitca (RDL) que toma como base a toponimia de Galicia
O obxectivo principal deste proxecto colectivo é difundir o valor da riqueza toponímica galega e involucrar a moitos colaboradores e colaboradoras para salvagardar os nomes de lugar a través da aplicación Galicia Nomeada, coa que a veciñanza poderá engadir na plataforma os topónimos que coñeza.
Dende o Concello de Fisterra facemos un chamamento para participar na recolleita colaborativa de todos os nomes de terras, fontes, regueiros,...que se están perdendo de forma acelerada.
Data e hora: luns, 10 de outubro ás 17:00h
Lugar: Salón de Actos do Concello de Fisterra
Máis información: https://toponimia.xunta.gal/gl