Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BOLSA DE TRABALLO: OPERARIOS SERVIZOS MÚLTIPLES 2022

27-10-2022

O Concello de Fisterra publica as bases que rexerán a ampliación da bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal (peóns) con destino ao  grupo de servizos múltiples do Concello de Fisterra coa finalidade de dar cobertura a situacións de acumulación de tarefas, realización de obras ou servizos determinados, substitución de traballadores/as con dereito a reserva do posto de traballo, por baixas por incapacidade temporal, maternidade ou paternidade, vacacións, licenzas, permisos, xubilación parcial ou anticipada polo período que medie entre a xubilación e a cobertura de dita praza polos procedementos de provisión de postos de traballo previstos legalmente.

Requisitos dos aspirantes:

  • Ter a nacionalidade española, ou algunha outra que, conforme ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, permita o acceso ao emprego público.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Non padecer enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica, incompatible co desempeño das correspondentes funcións da categoría a que se opte.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer función similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que tivese sido separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

Documentación a presentar:

  • Solicitude de participación no proceso selectivo (Anexo I) 
  • Fotocopia compulsada do DNI ou documento equivalente
  • Os aspirantes estranxeiros deberán presentar documento que acredite que é nacional da Unión Europea ou dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa
    de aplicación a libre circulación de traballadores
  • Declaración xurada de que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na convocatoria (inclúese no modelo de instancia)
  • Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos alegados para a súa valoración no concurso
  • De ser o caso, fotocopia compulsada de documentación oficial que acredite o CELGA 1 ou superior.
  • As persoas aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude
  • A experiencia profesional acreditarase coa presentación do correspondente Informe de vida laboral actualizado e os contratos de traballo ou nóminas.

selección realizarase en dúas fases: fase de oposición e fase de concurso, sendo a primeira delas obrigatoria e eliminatoria.

Prazo presentación de solicitudes: dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das bases que foi o 27/10/2022

Descargas

Compartir:

Novas por anos: