BOLSA DE TRABALLO: AUXILIARES ADMINISTRATIVOS
31-10-2022
O Concello de Fisterra publica as bases que rexeran a bolsa de traballo para a contratación de persoal laboral temporal (Auxiliares Administrativos), con destino aos servizos administrativos do Concello de fisterra.
Requisitos dos aspirantes:
a) Ser español/a ou nacional dalgún estado membro da UE, de conformidade co previsto no artigo 1 da Lei 17/1993, de 23 de decembro.
b) Ter cumpridos 16 anos de idade.
c) Estar en posesión do titulo de ESO ou equivalente, ou estar en condición de obtelo antes da finalización do prazo para a presentación das solicitudes de participación no proceso selectivo.
d) Estar en posesión como mínimo do título da lingua galega nivel iniciación, ou CELGA 3 ou dos estudos equivalentes homologados polo órgano competente en materia de política lingüística. Os/as aspirantes que non estean en posesión da devandita titulación deberán realizar unha proba sobre o coñecemento da lingua galega.
e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou menoscabe o exercicio das súas funcións. A persoa seleccionada terá que presentar antes da sinatura do correspondente contrato o correspondente certificado médico.
f) Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo do Estado, comunidade autónoma ou administración local, nin atoparse inhabilitado/a para o desempeño de funcións públicas.
g) Non incorrer en causa de incapacidade ou incompatibilidade previstas na lexislación vixente.
Os extremos contidos nos apartados a) e b) acreditaranse con fotocopia compulsada do documento nacional de identidade; os do apartado c) e d) con fotocopia compulsada do título legalmente expedido ou certificación acreditativa; o do apartado e) a través de certificado médico oficial (só con carácter previo á sinatura do contrato), sen prexuízo de superar o oportuno recoñecemento médico; os dos apartados f) y g) mediante declaración xurada ao efecto.
Documentación a presentar:
- Anexo II. Modelo de instancia
- Anexo III. Formulario de méritos
- Fotocopia compulsada do DNI ou documento equivalente.
- Os aspirantes estranxeiros deberán presentar documento que acredite que é nacional da Unión Europea ou dalgún Estado ao cal en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Declaración xurada de que manifesten que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na convocatoria (inclúese no modelo de instancia).
- Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos alegados para a súa valoración no concurso.
- De ser o caso, fotocopia compulsada de documentación oficial que acredite o CELGA 3 ou superior.
- Orixinal ou copia compulsada da titulación esixida.
- As persoas aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na súa solicitude.
- A experiencia profesional acreditarase coa presentación do correspondente Informe de vida laboral actualizado e os contratos de traballo ou nóminas.
A selección realizarase en dúas fases: fase de oposición e fase de concurso. O primeiro exercicio- proba teórica terá carácter eliminatorio.
Prazo presentación de solicitudes: dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación das bases que foi o 31/10/2022