NOVEMBRO CULTURAL
07-11-2022

O Concello de Fisterra organiza a seguinte programación cultural para o mes de novembro
-Venres, 4 de novembro.-Proxección da película "Nación" de Margarita Ledo. Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra. Público adulto
-Venres, 11 de novembro.-Desconexión. Títeres Alakrán. Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra. Público a partir de 5 anos
-Venres, 18 de novembro.-Presentación do libro "Voa, Saltarín ata a fin da terra" de Guadalupe Vázquez Formoso. Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra. Público familiar
-Sábado, 19 de novembro.-Teatro "Bernarda" Malasombra. Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra. Destinada para maiores de 14 anos
VIII XORNADAS MICOLÓXICAS NA FIN DA TERRA
-Sábado, 26 de novembro.-Ás 10:00h saída da planta baixa do Concello de Fisterra para a recollida de cogumelos no monte (roupa e calzado adecuado, cesta e navalla)
-Domingo, 27 de novembro:
- 16:00-20:00h.-Exposición de cogumelos recollidos o día anterior e exposición dos traballos feitos polos nenos/as dos centros escolares de Fisterra e Sardiñeiro
- 19:00h.-Degustación de varios platos onde o cogumelo será o ingrediente principal na planta alta do mercado municipal de Fisterra