25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
10-11-2022
O próximo 25 de novembro celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Con este motivo, o Concello de Fisterra levará a cabo un programa con diferentes propostas para facer visible esta situación e concienciar a todos e a todas da necesidade de implicarnos na solución deste problema, que cada ano leva consigo a vida de moitas mulleres.
O programa será o seguinte:
-Do 15 ao 18 de novembro
Inscrición dos diferentes establecementos comerciais para a recollida de material da campaña nas oficinas do Departamento de Servizos Sociais e Igualdade do Concello.
Esta idea pretende que a través das redes sociais, todos poidamos subir fotos reivindicativas e dar visibilidade ao problema da violencia de xénero na sociedade loitando xuntos e xuntas pola súa erradicación.
Achégate ao teu comercio adherido á esta campaña, saca a túa foto co material que vas ter a túa disposición e sube a túa foto ás redes co hashtag #fisterraennegro Contamos contigo nesta loita!
-Xoves 17 de novembro
Presentación do libro “Ocho Señales” de Noelia Míguez e Patricia Calveiro. Esta presentación está financiada polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero
Noelia, víctima de violencia machista, relatará a súa historia tras sobrevivir ás 8 puñaladas recibidas da súa antiga parella aos alumnos de 3º e 4º da ESO dos centros da vila.
-25 de novembro
Ás 12:00h no salón de sesións do concello, procederase á lectura do manifesto en contra das violencias machistas por parte do alcalde, José Marcote.
Contaremos coa presenza participativa dos alumnos dos distintos centros escolares e invitámosvos tamén a participar con nós.
Instalarase un photocall co lema #fisterraennegro destinado a todo aquel que o queira utilizar para visibilizar a campaña coa súa imaxe nun acto de convivencia dun día tan importante como o 25N
Esperámosvos!