Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


NADAL 2022

22-11-2022

A Concellería de Cultura de Cultura do Concello de Fisterra organiza as seguintes actividades para celebrar o Nadal 2022

VENRES, 2 DE DECEMBRO:

  • "SEN LINGUA" SEREA TEATRO (Maiores de 13 anos). Un drama sobre a violencia machista. Ás 20:00h no salón de actos do Concello de Fisterra

SÁBADO, 3 DE DECEMBRO:

  • "PETISCOS DE LINGUA". MIGALLAS TEATRO (Público familiar). Ás 12:00h no salón de actos do Concello de Fisterra

VENRES, 9 DE DECEMBRO:

  • Presentación do libro "Exploradores, Científicos, Pioneros y otros Héroes de la Marina Mercante Argentina" de Horacio-Guillermo Vázquez Rivarola (Público adulto). Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra

LUNS, 12 E MARTES 13 DE DECEMBRO:

  • OBRADOIRO CENTRO DE MESA DE NADAL EN FISTERRA. (Maiores de 16 anos). Ás 15:00h no Mercado Municipal. Inscricións antes do 2 de decembro no tel.: 981 740 001 ext. 6 ou no correo culturafisterra@hotmail.com

VENRES, 16 DE DECEMBRO:

  • PELOS NA LINGUA. TALÍA TEATRO. (Maiores de 13 anos). Ás 20:00h no salón de actos do Concello de Fisterra

SÁBADO, 17 DE DECEMBRO:

  • OBRADOIRO CENTRO DE MESA OU COROA DE NADAL EN SARDIÑEIRO. (Maiores de 16 anos). Ás 10:00h na Casa da Cultura de Sardiñeiro. Inscricións antes do 2 de decembro no tel.: 981 740 001 ext. 6 ou no correo culturafisterra@hotmail.com

DOMINGO, 18 DE DECEMBRO:

  • CONTACONTOS DE NADAL CON RAQUEL QUEIZÁS E VISITA DO APALPADOR. Ás 17:00h Contos de Nadal no salón de actos do Concello de Fisterra e as 18:00h Visita do Apalpador

SÁBADO, 24 DE DECEMBRO:

  • O CORO "NUESTRA SRA. DEL CARMEN DE FISTERRA". Ás 17:00h visitará o centro de maiores de Fisterra e a continuación, arredor das 18:00h e se o tempo acompaña, cantarán na praza da Constitución

LUNS, 26 DE DECEMBRO

  • "TEATRO RIS RAS". (Nenos/as de 1 a 7 anos). Ás 19:00h no salón de actos do Concello de Fisterra

XOVES, 5 DE XANEIRO

  • 10:00h.-Saída e percorrido pola Insua, Escola Infantil e todo o rural de Fisterra dos Reis Magos.
  • 16:00h.-Visita e recepción no paseo marítimo de Sardiñeiro ( en caso de mal tempo será na Casa da Cultura)
  • 17:15.-Visita dos Reis ao centro de maiores e menores de Fisterra
  • 18:00.-Desfile dos Reis Magos na súa carroza real polas rúas de Fisterra
  • 19:00h.-Recepción na praza da Constitución de Fisterra. Animación musical con DJ, xogos tradicionais e entrega de caramelos

 

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: