Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


O Concello


Saúdo da alcaldía

Como alcaldesa do Concello de Fisterra quérovos dar a benvida a esta web sentinto gratitude por convertirme na primeira muller alcaldesa na historia de Fisterra, algo que me motiva especialmente polo que representa nas políticas de igualdade que tanto se promoven na sociedade de hoxe en dia pero que aínda seguen sendo moi necesarias.

Nesta web poderedes coñecer as novas diarias e acceder a toda a xestión administrativa do noso Concello así como contactar cos distintos departamentos e dirixir as vosas queixas e suxestións co obxectivo de mellorar o noso servizo público.

Gobernaremos para todos os fisterráns e fisterranas. Somos necesarios todos, equipo de goberno, oposición e veciñanza. Todos co mesmo obxectivo, colocar a Fisterra no lugar que se merece.

Queremos un concello aberto, participativo, traballador e transparente. Queremos contar con todos vós, que sodes a veciñanza, porque queremos o mesmo. Queremos a Fisterra, queremos progresar e queremos avanzar.
Fagámolo ben. Esteamos unidos, traballemos xuntos.

Avante Fisterra!

Moitas grazas

Áurea Domínguez Sisto

Alcaldesa-Presidenta do Concello de Fisterra

Compartir: