PROGRAMA RESPIRA 2024
17-06-2024

O Concello de Fisterra organiza durante o mes de xullo un Campamento de Conciliación, dentro do Programa Respira 2024:
Destinados a: nenos/as de 3 a 16 anos.
Horario: de 10:00 a 14:00h
Actividades: predeportes tradicionais, taller de libros, xogos, musicoterapia,....e moito máis!
Inscricións e información: Do 18 ao 21 de xuño.
-No Departamento de Educación Familiar do Concello de Fisterra. Teléfono 981 740 001
-A través da sede electrónica do Concello de Fisterra: https://sede.concellofisterra.gal/opencms/es/, empregando o trámite de Solicitude Xeral e adxuntado a folla de inscrición que está nesta mesma páxina web
Prazas limitadas: Precísase achegar acreditación da necesidade de conciliación da vida laboral, familiar e persoal.
ACTUALIZACIÓN (26/06/2024): Publícase os nenos/as admitidos/as e os que están na lista de agarda.
Subvencionado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e polo Ministerio de Igualdade